Esta sección ofrece unha selección de castelos da provincia da Coruña dispostos xeograficamente de norte a sur. Non se trata dunha listaxe exhaustiva senón daquelas fortificacións actualmente accesibles e en condicións de ser visitadas. Non obstante, inclúense algúns exemplos, como é o caso das Torres de Mens (Malpica), que é unha propiedade privada, acondicionada para uso residencial e polo tanto non accesible no seu interior, pero que foi incluída na páxina web polo seu estado excepcional de conservación (recibiu o premio Europa Nostra) e debido a que as súas características construtivas poden ser perfectamente apreciadas polo visitante desde o exterior. Outros recursos quedaron fóra da selección final xa que non son accesibles, están cubertos de vexetación ou non están debidamente acondicionados para a visita, pero poden incorporarse no futuro se melloran estas condicións.
Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.
Muralla del castillo de Vimianzo.
Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.