Castelo da Lúa

Municipio: Rianxo

Parroquia: Santa Comba de Rianxo

Lugar: Punta do Pazo

A pequena península coñecida como Punta do Pazo, no concello de Rianxo, é o lugar no que se levantou esta fortificación construída ao carón do mar, na desembocadura do río Te, para servir de vixía e control sobre o espazo marítimo da ría de Arousa e como defensa da vila e o porto de Rianxo. 

A súa fundación tivo lugar no século XIII e está relacionada coa figura do nobre e poeta Paio Gómez Chariño, primeiro Señor de Rianxo, quen recibiu o señorío xurisdicional da vila de mans do Rei Fernando III de Castela logo de participar vitoriosamente na reconquista de Sevilla. Posteriormente, o Castelo pertenceu á casa do Soutomaior, sendo motivo de disputa frecuente coa mitra Compostelá. De feito, no ano 1426 o rei ordena a Paio Gómez de Soutomaior derrubar a fortaleza, ao carecer do permiso do arcebispo para o seu levantamento. Dita orde non foi cumprida e o castelo mantívose en pé ata o século XVI cando comezou o seu período de desuso e abandono. Moitas das súas pedras foron empregadas para construción doutros edificios e probablemente tamén do peirao de Rianxo.

Durante a primeira década dedo século XXI leváronse a cabo diversas campañas de escavacións arqueolóxicas que permitiron documentar os alicerces da fortaleza e no 2017 e 2018 o Concello de Rianxo promoveu un proxecto de restauración e consolidación das ruínas para facelas visitables. A día de hoxe, pódese apreciar perfectamente a estrutura das edificacións coas que contaba a fortificación, onde destaca a base da torre da homenaxe que centralizaba o conxunto. As escavacións tamén permitiron descubrir que durante un longo período de tempo, e unha vez o recinto perdeu o seu fin de defensivo, no castelo instaurouse un obradoiro oleiro do cal se conserva o seu forno principal e que estivo en funcionamento durante o século XVIII. 

O castelo conta con numerosas lendas e mitos. Historias de cidades somerxidas, sereas, túneles e amores tráxicos están presentes na tradición oral rianxeira. Incluso existe unha lenda que atribúe o nome do castelo a unha parella de namorados delatados pola luz da lúa. Con todo, a orixe da súa denominación parece ter relación co nome dunha das “señoras” do Castelo, Xoana de Luna a que foi a esposa do mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior. Outra das tradicións máis populares da contorna é a que fala da existencia dun túnel por debaixo da ría que unía a fortaleza co castro de Neixón (Boiro).

Horario de visitas:

Aberto permanentemente

Máis información.

Os restos arqueolóxicos do Castelo da Lúa son perfectamente visibles dende o paseo marítimo que une as praias rianxeiras de O Pazo e a Torre. A pasarela que pasa por enriba do espazo arqueolóxico conta con varios paneis interpretativos que explican o recurso.

https://omarfeitotradicion.gal/es/castelodalua

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.