Nesta sección ofrécese unha selección de fortalezas modernas da provincia da Coruña, dispostas xeograficamente de norte a sur. Non se trata dunha listaxe exhaustiva senón daquelas fortificacións actualmente accesibles e en condicións de ser visitadas. Con todo, inclúense algúns exemplos, como é o caso do Castelo do Cardeal (Corcubión), que é unha propiedade privada, acondicionada para uso residencial e polo tanto non accesible no seu interior, pero que foi incluído na web polo excepcional estado de conservación e o feito de que as súas características construtivas poidan ser perfectamente apreciadas polo visitante dende o exterior. Outros recursos quedaron fóra da selección final xa que non son accesibles, están cubertos de vexetación ou non están debidamente acondicionados para a visita, pero poden incorporarse no futuro se melloran estas condicións.
Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.
Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.