Batería de Doniños

Municipio: Ferrol

Parroquia: San Román de Doniños

Lugar: Vilar, A Croa

A batería de Doniños ou de Nosa Señora do Carmen está situada fóra da ría de Ferrol, nun outeiro no centro do areal de Doniños e ao carón da lagoa do mesmo nome. Con todo, formaba parte dun proceso de reforzamento defensivo desta zona que se emprendeu a partir de 1739 coa instalación dunha serie de fortificacións complementarias aos castelos de San Felipe (Ferrol), A Palma (Mugardos) e San Martiño (Ares). Na ribeira norte da ría foron construídas nesta época as baterías de Cabo Prioriño, Punta Viñas, San Cristovo e San Carlos, todas elas no Concello de Ferrol e na ribeira sur a batería de Segaño (Ares). En concreto o fortín de Doniños semella que se comezou a construír xa máis tardiamente en 1794 e finalizouse tres anos despois. 

A función da fortaleza era controlar o areal de Doniños e impedir posibles desembarcos de tropas inimigas que poderían atacar pola retagarda a ría e praza de Ferrol. Porén, non puido evitar que,  apenas tres anos despois de ser levantada, fose seriamente danada polo exército inglés en 1800. Concretamente o 25 de agosto, pola mañá, as tropas inglesas desembarcaron en Doniños e a batería abriu fogo para deter o avance sen éxito. Como consecuencia, o seu destacamento tivo que retroceder e abandonar a posición. As columnas inimigas continuaron o avance e ao día seguinte houbo un forte enfrontamento entre o exército galego e o inglés á altura do Castelo de San Felipe. Este acontecemento, coñecido como a Batalla de Brión, resolveuse coa retirada final das tropas inglesas. Despois deste feito, a batería de Doniños foi reparada e ampliada, pero ao pouco tempo abandonouse definitivamente.

A través dos planos conservados sábese que a fortaleza tiña capacidade para 14 canóns e contaba cun “forno de bala vermella”. Posuía a clásica forma de ferradura de cabalo coa fronte de mar semicircular e unha fronte de terra formando un pequeno hornabeque coa muralla rodeada por un foso. No interior estaban as dependencias para a tropa, cuarto para o oficial, almacén de artillería , de municións e polvoreira.

Na actualidade a fortificación está ruínas, aínda que conserva o parapeto da fronte de mar con algúns dos merlóns, pero a fronte de terra e as dependencias interiores practicamente se perderon  ou están ocultos pola vexetación e o sedimento.

Horario de visitas:

O acceso ao recinto é permanente.

Máis información

Ferrol. Baterías Militares

https://www.observersciencetourism.com/es/destino/baterias-militares-de-ferrol-a-coruna

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.