O estado Moderno

Recreación do porto da Coruña no século XVI coa fortaleza de San Antón ao fondo. Expedición de Loaisa ás Molucas. Gravado do século XIX.

O desenvolvemento das fortificacións da Idade Moderna na provincia da Coruña ven da man de feitos históricos que afectaron, especialmente, a súa costa (o asedio a Coruña de Drake en 1589), mais tamén se relacionan coa situación político-social do Imperio hispánico. O século XVII, especialmente belicoso, levou aparellado un rápido desenvolvemento e transformación das mesmas para protexer aos territorios do Imperio. A provincia tivo un papel importante neste desenvolvemento, pois foi onde se situou a sede do Corpo de Enxeñeiros e Arquitectos Militares de Galicia. Dous dos catro centros de actuación galegos máis importantes atopábanse nela: a Ría de Ferrol e o Porto da Coruña.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.