Castelo de San Antón

Municipio: A Coruña

Parroquia: A Coruña

Lugar: Isla de San Antón, A Pena Grande. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

O Castelo de San Antón é unha fortaleza situada sobre A Pena Grande, un illote rochoso unido a terra firme a mediados do século XX. Antes da construción da fortaleza na illa había unha capela dedicada a San Antón e o lugar fora utilizado como lazareto. En 1520, coa estancia do rei Carlos V na Coruña, xa se formula a necesidade de construír un castelo neste lugar para protexer o porto e a cidade, pero as obras non comezarán ata 1588, en tempos de Felipe II. No ano seguinte, produciuse o ataque do corsario inglés, Sir Francis Drake á cidade e, aínda que a edificación non estaba finalizada xogou un importante papel na defensa da praza. 

A fortaleza experimentou posteriormente diversas ampliacións e melloras. Unha delas realizouse despois do asedio dunha escuadra francesa á Coruña en 1639. Nese ataque a baía coruñesa foi protexida polos fogos cruzados de San Antón e o Castelo de Santa Cruz (Oleiros), na outra beira.

Xa cara a finais do século XVIII completaríase o castelo co engadido dun palacete neoclásico de dúas plantas, deseñado polo enxeñeiro Antonio López Sopeña. A planta baixa funcionaba como cuartel e a superior constaba de dúas vivendas e a capela dedicada á virxe do Rosario, padroa da cidade.

En diferentes descricións do século XVIII e XIX fálase do castelo como un forte con capacidade para 23 canóns e cun cuartel habilitado para 100 soldados de infantería e 20 artilleiros. O recinto adáptase á orografía do recinto resultando unha planta alongada con orientación leste – oeste. Pola fronte de terra, conta cun acceso  protexido por un sistema de tenaces, que dá acceso a un amplo patio de armas con casamatas nos laterais. No centro do conxunto, sitúase a casa do gobernador e na fronte de mar unha batería baixa abaluartada con forma de estrela irregular. A fortificación conta ademais cun gran alxibe escavado na rocha para recoller auga de choiva.

Durante os séculos XVIII e XIX San Antón converteuse en prisión estatal, acollendo nas súas celas algúns presos célebres como o comandante Alessandro Malaspina ou o xeneral liberal Porlier, que se levantou contra o absolutismo de Fernando VII e foi posteriormente executado en 1815.

Desde o ano 1968 é sede do Museo Arqueolóxico e Histórico e nel custódianse pezas relevantes da prehistoria e historia de Galicia e A Coruña. A exposición permanente organízase en tres seccións: Arte relixiosa e funeraria, situada no patio de armas; arqueoloxía e prehistoria, na planta baixa da casa do gobernador e historia da cidade, na planta alta.

Horario de visitas:

Inverno (de setembro a xuño):

De martes a sábado de 10:00 a 19:30 h. Domingos e festivos de 10:00 a 14:30 h.

Verán (de xullo e agosto):

De martes a sábado de 10:00 a 21:00 h. Domingo e festivos de 10:00 a 15:00 h. (desde media hora antes do peche non se permite o acceso).

Pecha o 1 de xaneiro, luns e martes de Entroido e o 24, 25 e 31 de decembro.

Tarifas

Entrada xeral: 2 €

Entrada reducida: 1 €. Para estudantes, titulares do carné xove, menores de 14 anos, parados e maiores de 65 anos; grupos de máis de 20 persoas en visitas previamente concertadas.

Entrada gratuíta: todos os sábados do ano.

Venda online de entradas: https://ticketing.coruna.gal/arq/visitsananton/

Teléfono

981 189 850

Máis información

https://www.coruna.gal/web/es/temas/sociedad-y-bienestar/ocio-y-cultura/equipamientos-de-ocio/equipamiento/museo-arqueologico-castillo-de-san-anton/entidad/1149055937727?argIdioma=es

https://museos.xunta.gal/gl/arqueoloxico-coruna

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.