Características das fortalezas modernas

Partes dunha fortaleza moderna

Imaxe interactiva coas partes dunha fortaleza moderna sobre o Castelo de San Felipe (Ferrol). Ilustración de Rubén Rial.

Estribos do Castelo de San Felipe (Ferrol).

Contraforte ou machón saínte que fortalece un muro, serve tamén para protección dos disparos laterais.

Casamatas no Castelo de San Felipe (Ferrol)

Lugares situados nos flancos a media altura onde se sitúan pezas de artillería coas que facer tiros rasantes.

Muro con aspilleiras no castelo de San Felipe (Ferrol).

Abertura longa e estreita en un muro para disparar por ela. Era normalmente más estreita na parte exterior que no interior do muro.

Troneira no Castelo da Concepción (Cedeira).

Abertura no parapeto entre dous merlóns para que poidan disparar os canóns.

Garita do Castelo de San Felipe (Ferrol)

Pequena torre en forma de lanterna construída sobre o cordón, normalmente en todos os ángulos saíntes do recinto para abrigo e defensa dos sentinelas.

Praza de armas no Castelo de San Felipe (Ferrol)

Lugar para reunión da tropa.

Foso do Castelo de San Felipe

Espazo profundo que circunda a fortificación e que constitúe unha parte fundamental na defensa da mesma. Poden ser de auga ou secos. Predominan os últimos xa que permiten as retiradas, saídas y manobras de comunicación e defensa.

Planta do Castelo de San Felipe, na que se marcou en cor o hornabeque e, nun ton máis escuro, o patio de armas. Figura elaborada por Rebeca Blanco-Rotea a partir dos planos de Anxo Rodríguez Paz, nun proxecto de intervención realizado desde o Incipit, CSIC en 2009.

Obra exterior composta de dous medios baluartes unicos por unha cortina. Tiña terrapléns, contramurallas e foso. O plan de defensa completábase con revelíns nas cortinas e golas dos baluartes:

Hornabeque simple: cortina e dous medios baluartes nos extremos.

Hornabeque dobre ou Coroa: dous medios baluartes nos extremos, e un baluarte enteiro no centro, os tres unidos por cortinas.

 

Portada do Castelo de San Felipe (Ferrol)

Non era conveniente que a fortificación contara con moitas portas, pois eran puntos débiles nos que se podía perder a praza nos ataques sorpresa. Tan só debíanse realizar as necesarias para facer as saídas e debían situarse no centro das cortinas, mellor defendidas polos flancos. Estaba composta por Portada (fachada arquitectónica) e Portón (porta que pechaba a Praza).

Camiño cuberto en San Felipe (Ferrol).

Corredor situado nun nivel superior da contraescarpa que circunvala a praza e as súas obras exteriores.

Paredes laterais do foso de perfil ataludado; a escarpa é a que está en contacto coa cortina (dándolle maior resistencia) e a contraescarpa co camiño cuberto.

Diferentes partes dunha fortificación marcadas sobre fotografías do Castelo de San Felipe (Ferrol). Rebeca Blanco Rotea.

Muro situado entre os baluartes que pecha o perímetro do polígono fortificado  A parte interior da cortina construíase cun perfil recto, pero a exterior ataludábase para darlle maior resistencia ao fogo da artillería e facilitar o rebote dos proxectís. Na parte superior conta con:
Cordón maxistral: moldura de media cana que separa a cortina da súa continuación no parapeto. Materializa a liña maxistral, o límite das liñas interiores do forte (o chan da praza).
Parapeto: parte alta da cortina, situado sobre o cordón, debe ser groso para resistir o fogo do canón. Ten por función protexer a tropa situada sobre o adarve.
Banqueta: grada que se fai sobre el terraplén que rechea o baluarte e cortina, inmediata ao parapeto.

Revelín do Castelo de San Felipe (Ferrol)

Situado fronte á cortina para defendela, consiste nun ángulo saínte revestido de cachotería.

Glacis do Castelo de San Felipe (Ferrol)

Elemento que se forma desde a parte máis alta do camiño cuberto descendendo cara ao campo nunha pendente suave.

Medio baluarte do hornabeque Castelo de San Felipe (Ferrol).

Medio baluarte: posúe unha cara e un flanco. No caso de San Felipe hai dous situados nos extremos do hornabeque, no fronte de terra.

Terraplén en el Castelo de San Carlos (Fisterra)

Acumulación de material (como tierra) en contacto con la parte interior de las cortinas y baluartes, cuya finalidad era dar mayor resistencia a los muros de la fortaleza, amortiguar los impactos de los proyectiles, acceder a la parte superior y disponer en él las piezas de artillería, constituyendo a lo largo de todo el perímetro de la obra una superficie practicable.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.