Batería de Punta Viñas

Municipio: Ferrol

Parroquia: San Román de Doniños

Lugar: Cabo Prioriño Chico (antigamente en Punta Viñas)

A batería de Punta Viñas formaba parte do reforzamento defensivo da boca da ría de Ferrol que se realizou a partir do 1739 coa instalación dunha serie de fortificacións complementarias aos castelos de San Felipe (Ferrol), A Palma (Mugardos) e San Martiño (Ares). Precisamente na ribeira norte da ría, ademais da de Viñas, edificáronse pola mesma época os fortíns de Cabo Prioriño, San Cristovo e San Carlos.

A súa función principal era tanto o control do acceso á ría de Ferrol como evitar que as embarcacións inimigas puidesen desembarcar na enseada de Cariño. Para cumprir esta misión cruzaba os seus fogos coas baterías de San Cristovo e San Carlos.

A fortaleza construíuse no ano 1739, aínda que foi remodelada nos anos 1747 e 1762. Ocupaba unha superficie de 2.579 metros cadrados e tiña capacidade para ata 15 canóns na fronte que mira cara ao mar. Cara á fronte de terra conta cunha muralla con aspilleiras para que os fusileiros puidesen defender esta liña. No seu interior, había un forno de “bala vermella”, que tiña a función de quecer os proxectís dos canóns para que ao disparalos desde a batería puidesen causar nas embarcacións inimigas o maior número de danos posibles. Tamén contaba cunha polvoreira a proba de bomba construída con dobre muro e bóveda de canón e diversas dependencias para a tropa, cuarto de oficiais, almacén de artillería e de municións.

Orixinalmente esta batería estaba situada en Punta Viñas, pero a construción do Porto Exterior de Canelas motivou que no ano 2007 tivese que ser desmontada e trasladada pedra a pedra ata o cabo Prioriño, 700 metros ao suroeste, onde foi reconstruída. Actualmente está habilitada para a visita e conserva a maior parte da súa estrutura orixinal, tanto na liña artillada que mira ao mar, como na fronte de terra coas dependencias da tropa onde se identifican incluso algunhas lareiras, o forno de “bala vermella” que foi reconstruído e a polvoreira

Horario de visitas:
O acceso ao recinto é permanente.

Máis información
Ferrol. Baterías Militares
https://www.observersciencetourism.com/eres/destino/baterias-militares-de-ferrol-a-coruna

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.