Municipio: Ferrol
Parroquia: Santa María de Brión
Lugar: Punta do Restrebor. San Cristovo
A batería de San Cristovo forma parte do reforzamento defensivo da boca da ría de Ferrol que se realizou entre 1739 e 1774 coa instalación dunha serie de fortificacións complementarias aos castelos de San Felipe (Ferrol) e A Palma (Mugardos). Precisamente na ribeira norte da ría ademais da de San Cristovo edificáronse pola mesma época os fortíns de San Carlos, Viñas e Cabo Prioriño.
Esta batería, que recibe o seu nome da veciña capela de San Cristovo, tiña a misión de controlar os posibles desembarcos inimigos na veciña praia de Cariño, cubrindo o flanco de levante. Cruzaba ademais o seu fogo coas baterías de San Carlos e Viñas.
Posúe unha planta moi irregular, pero en calquera caso similar aos das outras fortificacións costeiras do século XVIII, cunha fronte marítima saínte cara a ría facendo unha sorte de semicírculo deformado onde se sitúan o adarve e as troneiras con capacidade para dez canóns. Na fronte de terra péchase cunha muralla con aspilleiras para poder disparar os fusileiros ante posibles ataques por esa liña.
Grazas a un plano de 1773 do enxeñeiro Miguel de Hermosilla coñecemos as funcións de diferentes dependencias existentes no interior da fortaleza. Nun edificio con forma de L situábase o cuarto para oficiais, o cuartel de infantería e un almacén de artillería. Noutra construción separada da anterior, co fin de evitar perigos, localizábase a polvoreira a proba de bomba con dobre muro e varias cavidades para a ventilación. Por último, rodeando todo o recinto había un foso defensivo.
Na actualidade o fortín atópase bastante alterado e en estado de ruína, pero aínda se aprecia relativamente ben a súa estrutura orixinal e consérvase en bo estado a polvoreira. A batería está incluída dentro da ruta das baterías militares do Concello de Ferrol.
Horario de visitas:
O acceso ao recinto é permanente.
Máis información
A Batería de San Cristovo está incluída dentro da ruta de baterías militares do Concello de Ferrol que une o Castelo de San Felipe coa Batería de San Cristovo nun percorrido de ida e volta de 6 quilómetros.
https://www.observersciencetourism.com/es/destino/baterias-militares-de-ferrol-a-coruna
Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.
Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.