Batería de Redes

Municipio: Ares

Parroquia: San Vicente de Caamouco

Lugar: Punta de Modias, Redes

A batería de Redes é unha pequena fortificación situada ao sueste da poboación do mesmo nome, sobre un saínte acaroado ao mar. A súa función orixinal durante a Idade Moderna foi a vixilancia e control do acceso ao interior da ría de Ares-Pondedeume. Segundo o ilustrado Joseph Cornide, foi construída entre 1757 e 1773 e cara mediados do século XIX, Pascual Madoz no seu “Diccionario Geográfico – Estadístico de España y sus posesiones de Ultramar” (1845), sinala que xa estaba en ruínas.

A fortaleza ten unha superficie de 583 metros cadrados e unha forma de polígono irregular con catro lados na fronte do mar. Cara a este lado contaba cun parapeto de cachotería e oito troneiras. Cara a fronte de terra había un muro con 22 aspilleiras para a fusilería onde se dispuña tamén un edificio destinado a aloxamento da tropa e un reposto de pólvora. Rodeaba o conxunto, igualmente pola parte de terra, unha gabia que facía as funcións de foso e o acceso ao recinto realizábase polo lateral que dá a poboación de Redes.

Na actualidade a batería conserva o seu parapeto coas troneiras orientadas ao mar, parte do lousado e un edificio abovedado que se corresponde coa polvoreira. Está habilitado para a visita e conta con sinalización interpretativa.

Horario de visitas:

O acceso ao recinto é permanente.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.