Castelo da Concepción

Municipio: Cedeira

Parroquia: Santa María do Mar de Cedeira

Lugar: Vilacín

O castelo da Concepción é unha batería situada en Punta Solveira ou do Baluarte a uns 15 metros sobre o nivel do mar, construída para controlar e protexer o acceso á ría de Cedeira e á vila de posibles ataques. 

A súa construción no ano 1747 foi motivado por un episodio acontecido dentro do contexto das guerras con Inglaterra. Ata ese ano a única defensa era a veciña batería do Sarridal, situada uns 400 metros ao oeste. En xullo de 1747 entrou na ría unha fragata inglesa que perseguía a outra francesa refuxiada no porto de Cedeira. Desde o Sarridal disparáronse os canóns ata esgotar a munición e os ingleses aproveitaron para desembarcar, arrasar a batería e máis a próxima capela de San Antonio.

Este acontecemento atemorizou á poboación local que solicitou á Intendencia de Mariña a construción dun forte en condicións para defender a ría. O forte foi construído no mesmo ano polos mesmos veciños coordinados polo director de pilotos Domingo Pérez, axudados con 9.000 reais concedidos pola coroa e canóns cedidos pola Armada.

O Castelo da Concepción está construído con muros de cachotería de xisto e ten unha forma poligonal irregular. No fronte de mar ten capacidade para 15 canóns e na fronte de terra posúe unha sinxela muralla con aspilleriras para os fusileiros. Contaba con dependencias para a tropa (uns 15 homes), polvoreira e unha explanada en dous niveis.

Actualmente pertence ao concello de Cedeira e está habilitado para a visita cunha exposición permanente sobre a historia de Cedeira e pezas do castro do Sarridal. Conta ademais con varios canóns colocados nas troneiras e orientados ao mar.

Horario de visitas:

O Castelo da Concepción non abre durante todo o ano. Os horarios pódense consultar na páxina web do Concello de Cedeira.

Máis información

http://turismo.cedeira.gal/conece-cedeira/castelo-da-concepcion/

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.