Castelo de San Carlos

Municipio: Fisterra

Parroquia: Santa María de Fisterra

Lugar: Fisterra

O Castelo de San Carlos tiña a función de protexer a baía e porto de Fisterra e a ría de Corcubión, xunto coas outras dúas fortalezas denominadas Castelo do Cardeal (Corcubión) e do Príncipe (Cee).  Durante o século XVI esta costa vírase afectada frecuentemente polos ataques corsarios no contexto das guerras con Francia e xa quedara patente a necesidade da súa fortificación. Porén, non será ata o século XVIII cando se execute un plan defensivo para a ría coa construción destes tres castelos e outras baterías que finalmente non se levan a termo.

Os primeiros planos deste forte pertencen á época en que o enxeñeiro Carlos Lemaur estivo na localidade entre 1755 e 1757. Neste tempo comezáronse a realizar as primeiras obras de acondicionamento do terreo e construción dun primeiro tramo de muralla, pero non se remataría ata dez anos máis tarde por medio dunha real orde de Carlos III, sendo rectificado o proxecto inicial. Precisamente deste monarca é den quen tomou o nome.

Trátase dunha batería de forma poligonal, moi irregular con frontes abertos á ría, ao porto e á vila. Tiña capacidade para 11 canons e unha gornición de 28 homes. A fronte de terra conta cun muro aspillerado para a fusilería e no interior había un edificio con diferentes dependencias para cuartel, cuarto do comandante e almacén subterráneo de pólvora. A construción estaba tamén circundada por un foso e existía unha porta con ponte levadiza.

Durante a guerra da independencia, o fortín foi incendiado e quedou abandonado ata a súa compra en 1897 polo empresario Plácido Castro Rivas quen en 1928 o cede ao concello de Fisterra co obxecto de crear unha escola para orfos e fillos de mariñeiros. En 1964, o fillo do anterior, o escritor e galeguista Plácido Castro del Río doa a denominada popularmente como “Casa da Gherra” á Confraría de Pescadores de Fisterra. 

Finalmente, despois de diferentes usos ao longo dos anos desde o 2006 acolle o Museo da Pesca de Fisterra que contén unha interesante exposición sobre a vida mariñeira, embarcacións tradicionais, a captura de baleas e artes de pesca.

Horario de visitas:

HORARIO DE VERÁN (Do 1 de xuño ao 30 de setembro)

De martes a sábado: de 11:00-14:00h e de 16:00-20:00h

Domingo: de 11:00 a 14:00h

Luns: Pechado

HORARIO DE PRIMAVERA E OUTONO (Do 1 de marzo ao 31 de maio e do 1 de outubro ao 31 de decembro)

De martes a sábado: de 11:00-14:00h e de 16:00-18:00h

Domingo: de 11:00-14:00h

Luns: Pechado

*SEMANA SANTA: De 11:00-14:00h e de 16:00-20:00h

Prezo da entrada: 2€

Entrada para grupos (+ 15): 1€

Máis información

https://concellofisterra.gal/turismo/info_outros/es/96

https://concellofisterra.gal/turismo/info_outros/es/110

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.