Municipio: Corcubión
Parroquia: San Pedro da Redonda
Lugar: Olveira
Situado na Punta de Cantelo, o castelo do Cardeal era unha das tres fortificacións, xunto ao Castelo do Príncipe (Cee) e o Castelo de San Carlos (Fisterra) cos que cruzaba fogo, que durante a Idade Moderna defendía a ría de Cee e Corcubión. A súa construción iníciase cara ao 1740, ano no que paralizan as obras e volven a retomarse en 1751 baixo a dirección de Francisco Llovet, enxeñeiro director de Galicia e Miguel Marín, o seu compañeiro no corpo e sería completado en 1755 polo francés Carlos Lemaur.
Trátase dunha batería que conserva moi ben a súa configuración orixinal. Tiña capacidade para 17 canóns, cinco orientados á entrada do porto, nove ao canal e tres ao fondeadoiro e estaba habilitado para acoller unha tropa de ata 90 homes. A súa forma é a clásica das baterías marítimas do século XVIII, con forma de ferradura e coa artillería orientada cara á ría. Pola fronte de terra péchase cun hornabeque dobre ou coroa, con dous medios baluartes nos extremos e un baluarte enteiro no centro unidos por cortinas. O muro do hornabeque está aspillerado para a fusilería. No interior un edificio en forma de U, actualmente habilitado como vivenda, tiña a función de cuartel para a tropa con dependencias para cociña, cuarto de oficiais e almacén.
En 1809, durante a invasión francesa foron queimados os edificios do interior da muralla e sábese que cara 1820 xa non había dotación militar no seu interior. Tras varios intentos de compra do inmoble por parte do Concello de Corcubión a finais do século XIX e comezos do XX, o Castelo do Cardeal foi vendido en 1950 a Manuel López Sendón.
Horario de visitas:
O Castelo do Cardeal é propiedade privada, o acceso al interior non está permitido pero pódese percorrer todo o exterior do recinto.
Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.
Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.