Municipio: Oleiros
Parroquia: A Coruña
Lugar: Isla de Santa Cruz. 15179 Lóngora, A Coruña
O castelo de Santa Cruz localízase sobre a Illa do mesmo nome e formaba parte do sistema de fortificacións que se instalaron a finais do século XVI para a protección da ría e porto da Coruña. En concreto eran tres as fortalezas que cruzaban os seus fogos entre si, San Antón (A Coruña), San Diego (A Coruña), hoxe desaparecido e esta de Santa Cruz.
A necesidade de fortificación da ría formulouse xa en 1520 coa estancia de Carlos V na Coruña, pero non sería ata despois do asedio á cidade do corsario inglés Sir Francis Drake en 1588, xa en tempos de Felipe II, cando se acometeu a construción desta fortificación. As obras comezaron de feito en 1594 baixo a dirección do enxeñeiro Pedro Rodríguez Muñiz aínda que inicialmente só defendía a praia de posibles desembarcos inimigos.
Durante o século XVII nos planos conservados da illa, a fortaleza represéntanse cunha serie de construcións dispersas entre as que se encontran uns cuarteis, unha cisterna e un almacén e menciónase da presencia de catro canóns. É no 1742 cando xa se realiza un proxecto de fortificación abaluartada dirixido por Pedro Martín Cermeño que se adaptaba á forma da illa con planta en punta de frecha.
No século XIX o castelo pasa ás mans dos marqueses de Cavalcanti, que reforman as dependencias interiores para habilitalas como pazo, aínda que respectando bastante a súa configuración orixinal.
En 1938, Blanca Quiroga de Pardo Bazán, a filla da escritora Emila Pardo Bazán cedeulle o castelo ao exército para residencia dos orfos e cabalería e no 1989 o concello de Oleiros comproulle o inmoble ao exército, para cederllo posteriormente á Xunta de Galicia de cara á instalación do Centro de Educación, Información e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
Actualmente continúa a ser sede do CEIDA e constitúe un espazo de grande interese natural cun xardín de árbores centenarias e un paseo litoral pola illa para coñecer a súa flora e fauna. O CEIDA é ademais un centro de referencia internacional no que se refire á formación e divulgación do medio ambiente e conta ademais co Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.
Horario de visitas:
Verán (de xullo a agosto):
Mañás: de luns a domingo de 10 a 14 h.
Tardes: Martes, mércores, venres e sábado de 16 a 19:30 h.
Resto do ano (de setembro a xuño)
Mañás: de luns a venres de 10 a 14 h.
Fins de semana e festivos: Pechado-
Teléfono
981 630 618
Máis información
Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.
Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.