Castelo de Fontán

Municipio: Sada

Parroquia: Santa María de Sada

Lugar: O Castelo

Coñecida popularmente como O Castelo, trátase dunha batería situada sobre unha punta sobresaínte a uns 20 metros sobre o nivel do mar. Orixinalmente tiña forma rectangular e contaba cun parapeto de dez troneiras para outros tantos canóns. Pola fronte de terra pechábase cun muro de cachotería feito de xisto e morteiro de cal, con dous medios baluartes e un terraplén para disparar con fusil. Contaba ademais cunha pequena polvoreira abovedada para 30 ou 40 barrís de pólvora, aloxamento para 20 ou 30 homes e almacén para material de artillería.

A batería foi construída no século XVIII xunto co castelo de Corbeiroa (Bergondo), para control e defensa da enseada e porto de Sada e especialmente das súas importantes fábricas de enxarcia e lona. Semella que estivo operativa ata o último terzo do século XIX e cara a 1927 algunhas fotografías antigas revelan que xa estaba abandonada e en ruínas. A finais da década de 1950 a construción do porto de Fontán afectou á punta onde se sitúa o castelo, destruíndo a maior parte da fortificación. Na actualidade consérvase un dos semibaluartes e parte do acceso.

No ano 2003 foi adquirido polo concello de Sada e no 2007 realizáronse escavacións arqueolóxicas dirixidas por Antón Malde que permitiron sacar á luz boa parte das súas estruturas. 

Actualmente o Castelo de Fontán é visitable, está habilitado como parque, dispón de sinalización interpretativa, un canón de 32 libras de exposición e constitúe un excelente miradoiro sobre a enseada de Sada.

Horario de visitas:

O acceso ao recinto é permanente.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.