Batería de Oza

Municipio: A Coruña

Parroquia: Santa María de Oza

Lugar: Playa de Oza, O Puntal

A batería de Oza, denominada popularmente O Fortín, foi unha das fortificacións que durante a Idade Moderna protexeu o porto e cidade da Coruña xunto con outros encraves situados en Mera e Santa Cruz (Oleiros); San Diego, San Antón, San Amaro, Durmideiras, Pradeiras e Orzán (A Coruña).

Foi construída entre 1640 e 1655, aínda que a a súa configuración actual débese a reformas realizadas a finais do século XVIII baixo o proxecto do enxeñeiro Blas Gil Bernabé. O lugar de construción probablemente non foi aleatorio xa que a praia de Oza fora un dos puntos de desembarco das tropas do corsario Drake en maio de 1589, cando tentaron tomar a cidade da Coruña.

Nesa época sabemos que contaba con dúas baterías, alta e baixa con capacidade total para doce canóns. Na parte alta, nun edificio con forma de U situábase a casa do gobernador, o cuartel de artillería, unha cociña para a tropa, un cuarto para o oficial, travesa e común para a tropa e outras dependencias.

Durante o século XIX a fortaleza foi mudando a súa función e será usada como lazareto, pasando a formar parte en 1910 do Sanatorio Marítimo de Oza. En 1915 edificouse sobre a batería baixa un faro coa misión de facilitar o acceso ao porto ás embarcacións, que estivo en funcionamento ata o ano 1963, sendo posteriormente abandonado. En 1999 restaurouse a batería e o faro e na plataforma superior instalouse o Instituto de Ciencias da Saúde. 

Na contorna da batería de Oza podemos atopar actualmente varias edificacións de grande interese histórico, que formaron parte do antigo Sanatorio Marítimo, como o Pavillón Cirúrxico Fernández Latorre (Instituto de Ciencias da Saúde), inaugurado en 1913 e que funcionou como un centro pioneiro de tratamento de nenos e nenas enfermas de tuberculose ou o Pavillón de Colonias inaugurado en 1926 polo rei Alfonso XII, actualmente facultade de fisioterapia da Universidade da Coruña.

Horario de visitas:

O acceso ao recinto é permanente. Pódese usar o interior do faro para xuntanzas, celebracións, reunións familiares, actividades formativas, sociais ou culturais baixo reserva.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.