Castelo de Eirís

Municipio: A Coruña

Parroquia: Santa María de Oza 

Lugar: Parque de Eirís

O Castelo de Eírís a pesar do seu nome non é propiamente un castelo, senón unha casa forte edificada nos momentos finais da Idade Media ou comezos da Idade Moderna, entre ós séculos XV e XVI. Porén, presenta algunhas das características típicas das fortificacións, como é o feito de localizarse nunha posición dominante cun amplo dominio visual sobre a ría da Coruña e a enseada de Oza en particular. Esta circunstancia fixo que durante moito tempo o edificio fose confundido coa fortaleza moderna de Valparaíso, da cal se descoñece a súa situación exacta hoxe en día.

No ano 2013 realizáronse escavacións arqueolóxicas en Eirís para definir mellor a edificación que nese momento se atopaba en ruínas e nun estado de abandono completo. Os datos revelan que en realidade trátase dun gran complexo de uso residencial de 800 metros cadrados composto por unha construción cuadrangular de dous andares e grosos muros feitos a base dun aparello de cachotería con perpiaños nos esquinais. A entrada facíase a través dun arco de medio punto, presenta unida unha estancia máis baixa e un área de patio tamén anexa. Por fotografías antigas sábese ademais que posuía dous brasóns na fachada principal.

Esta edificación semella ter estado en uso durante toda a Idade Moderna, pero xa se atopaba en ruínas a comezos do século XIX. A partir deste momento foi utilizada para outras funcións diferentes á residencial como almacén de ferramentas agrícolas ou de gando durante a primeira metade do século XX, sendo abandonada definitivamente despois dun incendio que colapsou boa parte das estruturas. Ábrese entón un período no que o Castelo de Eirís converteuse nun espazo abandonado e totalmente periférico ata a súa recuperación como monumento público e visitable despois das escavacións e restauracións do ano 2013.

A existencia dun edificio destas características construtivas e a presenza de dous brasóns fan pensar nunha casa forte pertencente a unha familia da baixa nobreza galega. Unha construcción que xa non presenta elementos típicos das torres e castelos medievais como fosos ou torreóns, pero que sigue aproveitando a súa posición de dominio visual sobre a contorna. A súa situación orixinaria nun contexto totalmente rural semella tamén apuntar a un centro de xestión dun extenso territorio agrícola e que podería ser o preludio os pazos da Idade Moderna.

Horario de visitas:

Aberto permanentemente

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.