Torres de Mens

Municipio: Malpica

Parroquia: Santiago de Mens 

Lugar: As torres de Mens

As Torres de Mens son un dos conxuntos fortificados de orixe medieval mellor conservados de Galicia. De feito, o seu actual propietario, Agustín Ordóñez, acometeu unha exemplar rehabilitación da fortaleza no ano 1988 baixo a dirección do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, que mereceu o premio “Europa Nostra” no ano 1993.

O Castelo é de orixe baixomedieval e os seus propietarios foron os Moscoso, señores de Altamira. Esta familia, orixinaria da Terra de Santiago, estivo en conflito frecuente cos arcebispos de Compostela, cara a finais do século XV. En concreto polo 1465 ou 1466 Bernaldo Eáns de Moscoso, pertigueiro maior de Santiago, nun audaz golpe de man conseguiu facer prisioneiro ao arcebispo Fonseca e mantívoo preso de maneira sucesiva en varias das súas fortalezas entre as que estaban a de Vimianzo, Ferreira e tamén esta de Mens. 

A fortificación foi derrocada durante a Guerra Irmandiña (1467-1469), pero reconstruíuse poco tempo despois da derrota dos sublevados en 1469. Ata o século XIX foi propiedade da casa Altamira e cabeceira da xurisdición de Mens, a máis pequena de todas as que tiña o condado de Altamira na Costa da Morte. Durante este período desempeñou a función de cobro de rendas e estaba gobernada por un meiriño que ademais administraba xustiza en nome do conde ata a  venda do inmoble en 1871.

A fortaleza localízase sobre un outeiro escasamente elevado no fondo do val de Mens. Está rodeada por un foso e á súa vez por unha muralla practicamente circular, reforzada por tres torres cadradas unidas entre si por un adarve. Nin as torres nin a muralla conservan xa os merlóns que deberon ter en época medieval e no seu lugar actualmente contan cun peitoril de pedra. A torre máis alta, a do suroeste, probablemente funcionou como torre da homenaxe e posúe cunha peculiar balconada de madeira orientada ao sur.

Todo o recinto conta cun amplo patio de armas e acaroado á torre da homenaxe hai un pazo con planta en forma de L, que foi construído durante a Idade Moderna.

As Torres de Mens teñen tamén cunha rica tradición oral. A lenda lenda máis coñecida fala da existencia dun túnel que unía co castelo coa veciña Igrexa de Mens e que foi usado para fuxir por por un dos señores despois de raptar a unha fermosa rapaza filla duns vasalos seus, da cal  namorara.

Horario de visitas:

Trátase dunha propiedade privado. O acceso ao seu interior non está permitido, pero pode apreciarse a súa arquitectura monumental desde o interior.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.