Castelo de Naraío

Municipio: San Sadurniño

Parroquia: Santa María de Naraío 

Lugar: O Castelo

Naraío é un prototipo de castelo roqueiro, tamén denominado niño de aguias, pola súa localización dominante nun outeiro rochoso moi prominente e con excelentes defensas naturais entre as que destaca o  val  do río Castro. Esta corrente fluvial forma un val moi encaixado e transcorre por unha contorna de gran valor medioambiental integrada no espazo natural Xuvia-Castro, que conta coa protección de zona especial de conservación (ZEC). 

As primeiras referencias ao Castelo de Naraío lévannos ó século XIV, momento no que o edificio pertencía á familia dos Piñeiro e dende 1364, debido a dunha doazón do rei Enrique II, pasa a ser  propiedade da casa de Andrade. Da man de esta familia a fortaleza ten o seu momento de maior esplendor histórico na Baixa Idade Media.

Naraío xogou un papel fundamental na segunda Guerra Irmandiña (1467-1469), momento no que os sublevados tomaron a fortaleza. Durante esta revolta, o exercito popular mandado por Alonso de Lanzós, tomou o castelo que foi parcialmente derruído. Anos despois, unha vez restablecida a nobreza galega, os habitantes da zona e os mesmos irmandiños tiveron que volver a construílo como represalia a este feito. 

No século XVI uníronse as casas de Andrade e Lemos na persoa de Pedro Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Nesta época comeza a decadencia da fortaleza, o seu progresivo abandono e o uso como canteira de material construtivo. No século XVIII, coa extinción da casa dos Castro, as súas posesións pasan á casa de Alba, actual propietaria do castelo.

O conxunto actual recolle todos os avatares e remodelacións sufridas ao longo da historia da fortificación. O Castelo segue a tipoloxía habitual de fortaleza roqueira, adaptándose á orografía irregular do outeiro. O seu sistema defensivo constaba de dous muros perimetrais e un complicado acceso a través dun carreiro moi empinado e dunha porta precedida orixinalmente dunha ponte levadiza. Unha segunda porta, descentrada sobre a primeira por cuestións defensivas, conserva un brasón coas armas dos Andrade e permite o acceso ao interior do patio de armas.

O elemento máis destacado da fortificación é sen dúbida a torre da homenaxe, símbolo do poder feudal dos seus propietarios. Orixinalmente contaba con tres andares e acadaba os 16 metros de altura. Na planta baixa localízase o alxibe, actualmente moi ben conservado. A primeira planta usábase como salón e cociña;  o segundo andar tería tamén función residencial e finalmente a parte superior da torre constituía unha atalaia ameada cun extraordinario dominio visual da contorna.

En 2005 a a “Fundación Casa de Alba”, cedeu o usufruto do castelo ao Concello de San Sadurniño e actualmente está habilitado para a visita con pasarelas e escaleiras que permiten o acceso á torre da homenaxe.

Horario de visitas:

Aberto permanentemente

Máis información.

http://sansadurnino.gal/castelo-de-narahio/

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.