Castelo do Casón

Municipio: Ortigueira

Parroquia: San Adrián de Veiga

Lugar: O Casón

O castelo do Casón foi construído cara o século IX sobre un antigo castro da Idade do Ferro, nun outeiro a máis de 200 metros sobre o nivel do mar, cun excelente control visual sobre a ría de Ortigueira e o Cabo da Estaca de Bares. Estivo ocupado ata finais do século XII, momento en que é abandonado, e semella que a súa función foi a de control e vixilancia da ría, en especial as ameazas procedentes do norte, da man dos normandos e vikingos que asolaron Galicia. 

No ano 2015, unhas escavacións arqueolóxicas permitiron sacar á luz boa parte da estrutura da fortificación, cuxas ruinas foron ademais restauradas, consolidadas e habilitadas para a visita. En concreto revelouse que o castelo compoñíase de varias espazos ben diferenciados. En primeiro lugar, documentouse unha torre de 11,30  por 5,60 metros, situada na zona máis elevada da fortaleza, e rodeada dun patio pechado por un muro lateral e pola muralla. Outro dos espazos principais é un patio de armas rectangular, onde se situarían as dependencias para a tropa, cabaleirizas, almacéns…Todo o recinto estaba circundado por unha muralla de grosor variable (entre 2,50 e 4,20 metros), que contaba cun adarve ou paso de ronda, polo menos cinco torreóns defensivos e unha porta de acceso de dobre folla comunicada co exterior e que entre os séculos XI e XII foi reducida de tamaño, converténdose no que se denomina unha poterna. Tamén se documentaron varios tramos de foso exterior nas zonas que non tiñan defensas naturais e que puido ser reaproveitado do antigo castro.

Actualmente o castelo do Casón é visitable, conta con sinalización interpretativa e continúa a ser un dos mellores miradoiros sobre a ría de Ortigueira. Forma parte tamén da denominada Ruta do Casón, un percorrido de grande interese histórico, arqueolóxico e medioambiental que pasa polas fervenzas do Casón e Pozo do Inferno.

Horario de visitas:

Aberto permanentemente

Máis información.

https://castelodocason.wordpress.com/

 

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.