Torre de Xunqueiras

Municipio: Pobra do Caramiñal

Parroquia: Santa María de Xobre

Lugar: As Xunqueiras

A Torre de Xunqueiras, é o elemento que resta dunha fortaleza construída probablemente por Fernan Martín de Xunqueiras no século XIII. Este edificio derrubouse durante a Guerra Irmandiña (1467-1469) e poucos anos despois foi reconstruído polo herdeiro e propietario Estevo de Xunqueiras. Estevo foi un persoeiro de gran relevancia na época xa que participou na conquista de Granada cos dos Reis Católicos e acadou pola súa contribución importantes privilexios, entre eles o señorío da Pobra do Caramiñal.

Durante a Idade moderna leváronse a cabo diferentes remodelacións do edificio que transformarán a vella fortificación medieval nun espazo residencial co engadido dunha construción de tipo pacego. Durante o século XIX a Torre acabouse integrando dentro do patrimonio da casa de Medinacelli e cara a finais da centuria foi vendida ao avogado e político pontevedrés  Eduardo Gasset Chinchilla, tío do filósofo José Ortega y Gasset. Na actualidade continúa pertencendo á esta familia.

A Torre de Xunqueiras probablemente foi a torre da homenaxe do antigo castelo. Está construída a base de perpiaños de granito e a súa base é en talude para favorecer a defensa. Nos seus lenzos ábrense moi poucas fiestras, todas de pequeno tamaño e tamén algunha seteira. No seu remate non se conservan os característicos merlóns que foron substituídos por un peitoril sen vans e con garitas de vixilancia nos cantos. Tamén nos ángulos se observan unhas longas gárgolas de pedra para expulsar a auga da choiva.

No que respecta ao pazo unido á torre, un dos seus elementos máis destacados é un claustro de estilo renacentista rematado xa no século XVII e unha torre circular na parte traseira rematada cunha balaustrada barroca que fai a función de terraza-miradoiro.

Horario de visitas:

A Torre de Xunqueiras ten actualmente un uso como establecemento de turismo rural e tamén para eventos como vodas e banquetes.

Máis información:

https://pazodexunqueiras.com/

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.