Ruta das Fortalezas de Ortegal e Ferrolterra

Distancia: 113 quilómetros

Tempo de Realización: 1 día. Ruta para realizar en coche

Esta ruta transcorre polo norte da provincia da Coruña entre os concellos de Ortigueira e Ferrol. O percorrido comeza no Castelo do Casón (Ortigueira), unha das escasas fortificacións altomedievais de Galicia escavada con metodoloxía arqueolóxica. Ocupado entre o século IX e o XII, a súa misión era controlar a posibles ataques normandos e viquingos pola costa. A súa localización fai deste lugar un auténtico miradoiro natural con espectaculares vistas sobre a ría de Ortigueira.

A seguinte etapa lévanos á vila de Cedeira, ata o Castelo da Concepción, unha fortificación costeira do século XVIII levantada polos veciños para protección da ría e vila. Actualmente acolle unha interesante exposición permanente sobre a historia de Cedeira e varias pezas arqueolóxicas do veciño castro do Sarridal.

Abandonamos a costa e encamiñámonos cara o concello de Moeche onde nos agarda o seu castelo, un dos mellor conservados e restaurados de Galicia. Actualmente pódense visitar e percorrer os seus adarves, a torre da homenaxe e un centro de interpretación que dá conta da historia do inmoble. Moi preto, pero xa no municipio de San Sadurniño atopámonos con outro impresionante castelo. Se o de Moeche se sitúa nun val, o Castelo de Naraío é un auténtico niño de aguias, emprazado nun destacado outeiro rochoso, cun impresionante control visual sobre a contorna.

Deixamos o mundo medieval para dirixirnos cara ao o concello de Ferrol ata o fantástico espazo natural que conforman o areal e a lagoa de Doniños. Xusto ao seu carón aínda se aprecian as ruínas dunha batería costeira construída no século XVIII para evitar desembarcos de tropas inimigas na zona. Porén, non puido evitar o ataque inglés do ano 1800, que tiña como obxectivo a toma da praza de Ferrol e que finalizou na denominada “Batalla de Brión” coa retirada do exército inglés.

A partir de aquí continuamos o percorrido cara á ría de Ferrol onde poderemos admirar o extraordinario sistema defensivo deseñado para impedir a entrada de escuadras inimigas ata o porto da cidade. Deste xeito poderemos visitar un conxunto de baterías costeiras que facían a ría case inexpugnable. Cabo Prioriño, Punta Viñas, San Cristovo e San Carlos son os nomes daquelas que están acondicionadas para a visita a través dunha ruta deseñada polo concello de Ferrol. Trátase dun percorrido que ten como auténtica xoia da coroa o Castelo de San Felipe, edificado no século XVI e ampliado e mellorado no século XVIII ata ser convertido no exemplo máis depurado e avanzado de fortificación abaluartada de Galicia.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.