Ruta de las Fortificaciones del Golfo Ártabro

Distancia: 74 quilómetros

Tempo de Realización: 1 día. Ruta para realizar en coche

Esta ruta lévanos polas rías do denominado golfo Ártabro, que durante a Idade Moderna concentrou boa parte dos esforzos defensivos da monarquía, primeiro Austria e despois borbónica, inzando toda a costa dunha tupida rede de baterías e castelos.

Comezamos o noso percorrido polo Castelo da Palma (Mugardos), hoxe totalmente modificado pola reconstrución realizada no século XIX, pero que durante a Idade Moderna formou o denominado “triángulo de fogo” xunto cos castelos de San Felipe (Ferrol) e San Martiño (Ares), facendo case inexpugnable a ría de Ferrol.

Moi preto, está pequena a batería de Redes (Ares) que na mesma época protexía o acceso á ría de Pontedeume e que aínda conserva a súa polvoreira orixinal. Xusto en Pontedeume, retrocedemos a tempos do medievo e alí podemos admirar o Torreón dos Andrade, unha arquitectura impoñente  que formaba parte dun pazo derrubado na década de 1930. Tamén en Pontedeume, pero nun outeiro destacado, dominando a ría de Pontedeume e con control visual sobre as rías de Ares e Ferrol está o Castelo de Andrade, unha fortificación roqueira levantada no século XIV.

Continuamos camiño, esta vez cara a Sada, ata o Castelo de Fontán. Trátase dunha pequena batería do século XVIII que protexía a baía de Sada e as súas fábricas de enxarcia e lona, xunto do castelo da Corbeiroa (Bergondo).

A seguinte parada é o Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Situado na nunha illa unida a terra por unha pasarela. Foi unha das fortificacións que protexía a ría da Coruña durante a Idade Moderna. Actualmente acolle o CEIDA, un importante centro dedicado á formación e divulgación do medio ambiente.

Na outra beira da ría chegamos á batería de Oza (A Coruña), que foi construída no século XVII e formaba parte do extraordinario complexo defensivo que vixiaba a baía coruñesa dos ataque de armadas inimigas. Moi modificada pola instalación dun faro en 1915 pero aínda conserva a súa estrutura coa batería baixa e algunhas das garitas.

Moi preto atópase o Castelo de Eirís (A Coruña), que a pesar do seu nome, non foi propiamente un castelo senón máis ben unha casa forte de orixe baixomedieval e que mantén aínda algunhas características típicas das fortificacións como o seu emprazamento en altura.

A ruta remata xa na cidade da Coruña, no Castelo de San Antón construído no século XVI nun illote rochoso para defender o porto e a praza forte. Co tempo mudaría a súa función a prisión estatal e actualmente é sede do Museo Arqueolóxico e Histórico.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.