Ruta das Fortificacións da Costa da Morte

Distancia: 163 quilómetros

Tempo de Realización: 1 día. Ruta para realizar en coche

Comezamos o noso percorrido pola pequena Torre de Celas de Pereiro (Culleredo), do século XV que foi a torre da homenaxe da desaparecida fortaleza medieval da Vinseira, propiedade da casa dos Andrade.

Adentrándonos xa en territorio da Costa da Morte encamiñámonos cara á Torre de Nogueira (Coristanco) que pertenceu aos Bermúdez de Traba, Bemúdez de Montaos e Bermúdez de Castro. Na actualidade está perfectamente restaurada polos seus propietarios e conserva varias interesantes pedras armeiras na súa fachada con símbolos dos Moscoso, Riobóo, Figueroa e Bermúdez.

Continuamos polos antigos dominios da familia Moscoso, que foron condes de Altamira, para chegar a un dos grandes castelos medievais deste territorio, as Torres de Mens (Malpica). A súa impoñente silueta é apreciable desde a estrada e desde o lugar de Mens. Actualmente é propiedade privada e a súa magnifica restauración mereceu o premio “Europa Nostra” en 1993.

A seguinte parada é a Torre da Penela (Cabana de Bergantiños), que formou parte do antigo castelo da Penela, reconvertido en pazo no século XVII. Pertenceu, entre outros, á familia Riobóo, construtores e propietarios da Torres do Allo (Zas), consideradas un dos primeiros pazos de Galicia.  

Seguindo en dirección sur, chegamos ao Castelo de Vimianzo (Vimianzo), unha das máis importantes fortalezas medievais da Costa da Morte. Orixinalmente pertenceu aos Mariño de Lobeira e posteriormente aos Moscoso de Altamira. Foi ademais motivo de disputa frecuente co arcebispado de Santiago e escenario importante da Revolta Irmandiña. Actualmente pertence á Deputación da Coruña e acolle unha interesante exposición de artesanía ao vivo.

Deixamos o mundo medieval e encamiñamonos cara a costa para chegar á Fisterra, ao Castelo de San Carlos. Popularmente denominado “Casa da Gherra”, é dunha das baterías costeiras construídas no século XVIII para defender a ría de Corcubión. Actualmente acolle o  Museo da Pesca de Fisterra.

O final desta ruta lévamos moi preto, ata o Castelo do Cardeal (Corcubión) que defendía a ría de Corcubión xunto co de San Carlos (Fisterra) e o Castelo do Príncipe (Cee), esta última na outra beira da ría coa que cruzaba os fogos. O Castelo do Cardeal é unha das baterías costeiras do século XVIII mellor conservadas de Galicia e aínda que é de propiedade privada pódese apreciar perfectamente a súa estrutura de defensiva cunha batería para a artillería orientada ao mar e un pequeno “hornabeque” que garantía a defensa contra posibles ataques por terra.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.