Ruta dos Castelos da Terra de Santiago e o Barbanza

Distancia: 99 quilómetros

Tempo de Realización: 1 día. Ruta para realizar en coche

Esta ruta lévamos polos antigos dominios da mitra Compostelá e a través dalgúns dos seus castelos máis relevantes. A primeira parada é no Castelo de Portomeiro (Val do Dubra), unha das poucas fortificacións altomedievais escavadas con metodoloxía arqueolóxica en Galicia. Edificado arredor do século XI, na época do desenvolvemento do primeiro núcleo urbano de Compostela, a súa situación sobre un elevado outeiro permitía un extraordinario control visual sobre o inmediato val agrícola de Portomeiro.

A seguinte parada lévanos ás Torres de Altamira (Brión), un dos castelos principais dos Moscoso que señoreaban o condado de Altamira e que permitía o control do val da Maía. Actualmente son propiedade da Deputación da Coruña e as súas ruínas están habilitadas para a visita con cartelería interpretativa.

Non moi lonxe está o castelo da Rocha Forte (Santiago), que foi a fortaleza principal dos arcebispos  de Compostela. Construído no século XIII, en tempos de Xoan Arias, chega ao seu máximo esplendor no século XIV con Berenguel de Landoira, sendo conquistado e derrubado polos irmandiños en 1466.

Desde Santiago, o camiño lévanos á península do Barbanza, ata o Castelo da Lúa (Rianxo) levantado no século XIII polo nobre e poeta Paio Gómez Chariño. A fortificación foi desmantelada de maneira progresiva despois so seu abandono no século XVI, pero as escavacións arqueolóxicas realizadas na primeira década do século XXI permitiron sacar á luz os seus alicerces, de maneira que actualmente se pode apreciar perfectamente a súa planta e a das súas estruturas como é o caso da Torre da Homenaxe.

O último tramo da ruta condúcenos ata a Torre de Xunqueiras (Pobra do Caramiñal), que toma o nome do seu primeiro dono, Fernán Martiz de Xunqueiras. Do primitivo castelo consérvase unha impoñente Torre levantada no século XV, que foi posteriormente ampliada para ser convertida en pazo. Actualmente funciona como aloxamento de turismo rural.

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.