Castelo de Andrade
Castelo de San Felipe
Castelo de Moeche
Castelo da Palma
Castelo de Vimianzo
Castelo de Santa Cruz
Torre da Xunqueira
Castelo do Príncipe
Castelo de Naraío
Torre de Mens
Castelo de San Antón
Previous
Next

Fortalezas do Reino de Galicia, FOREGA é unha páxina web creada co obxectivo de difundir o importante patrimonio cultural asociado ás fortificacións construídas en Galicia durante a Idade Media e a Idade Moderna, e máis concretamente na provincia da Coruña.

Castelos, torres, baterías, fortes e redutos contribuíron decisivamente a conformar durante séculos a paisaxe cultural galega. Durante o desenvolvemento do feudalismo, os castelos e torres foron símbolo e centro de poder para os señores, pero tamén elementos de coerción, exercicio dos dereitos xurisdiccionais e recadación de impostos. As súas características construtivas, localización e distribución corresponden a unha lóxica histórica, cun tipo de relacións sociais e con formas específicas de guerra vinculadas ao mundo feudal. As fortalezas construídas ao longo da Idade Moderna obedecen a diferentes lóxicas e dinámicas marcadas polo proceso de consolidación do Estado moderno, polas necesidades defensivas derivadas dos conflitos con potencias estranxeiras como Inglaterra e Portugal, e polos cambios no tipo de guerra, onde o desenvolvemento da artillería será o factor determinante.

Trátase dunha páxina que nos achega a un patrimonio en gran parte descoñecido para o gran público e faino desde unha perspectiva didáctica, cun amplo soporte visual de fotografías, ilustracións e mapas, e seleccionando tamén as fortificacións que se consideran máis relevantes e aquelas que son actualmente visitables.

Castelos

Fortalezas

Muralla do castelo de Vimianzo.

Estrutura defensiva composta de bloques de pedra de maior ou menor tamaño, que arrodea unha torre ou núcleo central, presentando un ou máis accesos e sendo de altura variable. A súa complexidade e entidade aumentan conforme se avanza nas formas arquitectónicas, podendo ter torres no medio, coñecidos coma torreóns.

Muralla del castillo de Vimianzo.

Estructura defensiva compuesta por bloques de piedra de mayor o menor tamaño, que rodea una torre o núcleo central, presentando uno o más accesos y siendo de altura variable. Su complejidad y entidad aumentan conforme se avanza en las formas arquitectónicas, pudiendo tener torres en medio, conocidos como torreones.